VI Foro empresarial pola igualdade 2026


VI FORO EMPRESARIAL POLA IGUALDADE NA EMPRESA. DO COMPROMISO AO VALOR ECONÓMICO

INSCRÍBETE Ó VI FORO EMPRESARIAL POLA IGUALDADE

IGUALDADE NA EMPRESA: DO COMPROMISO AO VALOR ECONÓMICO





IGUALDADE NA EMPRESA: DO COMPROMISO AO VALOR ECONÓMICO

O VI Foro Empresarial pola Igualdade, promovido pola Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) coa colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a financiación da Xunta de Galicia, consolídase como un espazo de referencia para a reflexión, o diálogo e a acción arredor da igualdade no ámbito empresarial.

O Foro xira nesta edición arredor dun lema que marca un cambio de perspectiva no ámbito empresarial: “Igualdade na empresa: do compromiso ao valor económico”. Unha mensaxe clara que invita a avanzar desde a visión tradicional da igualdade como unha responsabilidade social cara ao seu recoñecemento como un elemento clave na xeración de valor e competitividade.

Durante anos, a igualdade foi entendida fundamentalmente como un compromiso ético e normativo. Sen embargo, o contexto actual evidencia que as empresas que apostan por contornas laborais igualitarias, diversas e inclusivas son máis innovadoras, máis eficientes e máis sostibles. A igualdade convértese así nun activo estratéxico que impacta directamente na produtividade, na atracción e retención do talento e na reputación corporativa.

Este foro pretende poñer en valor esa transformación, ofrecendo un espazo de reflexión no que se analicen experiencias reais, se compartan boas prácticas e se visibilice como integrar a igualdade na xestión empresarial pode traducirse en resultados medibles. Trátase de pasar do compromiso á acción, e da acción ao impacto económico.

A Confederación Empresarial de Pontevedra promove este encontro coa convicción de que o futuro do tecido empresarial pasa por entender a igualdade non só como un principio, senón como unha oportunidade de crecemento e de creación de valor sostible.


1 DE OUTUBRO, na Confederación Empresarial de Pontevedra

Coñece as RELATORAS e a programación


TALENTO, CRECEMENTO E COMPETITIVIDADE:
EMPRESAS PREPARADAS PARA O FUTURO



O VALOR ECONÓMICO DA IGUALDADE:
MEDIR O QUE XERA RESULTADOS



QUEN DECIDE:
LIDERADO, CULTURA E PODER NA EMPRESA




Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Puedes obtener más información y configurar tus preferencias aquí.