Programa integrado de emprego

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA CEP 2023-2024

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA
Financiado por

O Programa Integrado de Emprego da Confederación Empresarial de Pontevedra está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Trabajo y Economía Social e vai destinado a persoas desempregadas inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia.


QUE É UN PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO?

É unha política activa de emprego dirixida á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas en situación de desemprego participantes.


PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA

Acadar a inserción laboral de, cando menos, o 45% das persoas participantes, así como mellorar a empregabilidade – mediante a recualificación profesional e a acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral – da totalidade do grupo.

  • Formación nunha Ocupación:
    • Itinerarios formativos con prácticas profesionais non laborais vinculadas á formación:
      • IT1. Atención ao Cliente. Especialista en Vendas.
      • IT2. Limpeza Industrial. Especialista en Limpeza Industrial.
      • IT3. Fontanería e Climatización. Fontaneiro/a – Climatizador/a.
  • Formación Complementaria:
    • Formación Tecnológica:
      • Competencias Dixitais Básicas.
      • Competencias Dixitais Avanzadas.
    • Formación Transversal:
      • PRL (básico e específico)
      • Espazos Confinados.
      • Educación Emocional
      • Manipulador/a de Alimentos.
    • Formación Prelaboral:
      • Coaching.
      • Obradoiros sociolaborais.
      • Mobilidade laboral.
  • Prospección y Encuentros Empresariales:
    • Información, orientación y asesoramiento a empresas.
    • Intermediación laboral y gestión de ofertas de empleo.
    • Encuentros Empresariales.
  • Se es unha persoa desempregada demandante de "Programas Integrados de Emprego de Galicia".
  • Se estás inscrito/a como demandante nalgunha das oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia dos Concellos de Vigo, Cangas ou Porriño.
  • Se es unha persoa:
    1. Proactiva e MOTIVADA e buscas traballo ACTIVAMENTE.
    2. Se estás COMPROMETIDO/A coa mellora do teu perfil profesional.
    3. Se buscas FORMARTE, RECUALIFICARTE ou ACREDITARTE profesionalmente.
    4. Se precisas información e/ou orientación para o emprego.

Contémplanse medidas de conciliación da vida familiar e laboral e bolsas recollidas na convocatoria (10,00 € / día asistido).

Se estás desempregado/a, es de Vigo, Cangas ou Porriño e queres participar, por favor completa cos teus datos.

cuestionario

A Confederación de Empresarios de Pontevedra, a través do Departamento de Formación e Emprego, involucrouse desde o comezo da súa actividade, na formación, asesoramento, recualificación profesional e inserción laboral das persoas desempregadas procedentes de todos os sectores e grupos sociais, a través de programas adaptados ás necesidades das empresas e da capacitación de traballadores/as para os postos máis demandados polo mercado laboral.

Os PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO DE GALICIA, levados a cabo en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, son actuacións dirixidas á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas participantes, ofrecendo formación técnica en diferentes ocupacións, o desenvolvemento das habilidades requeridas para o posto de traballo e o acompañamento personalizado durante todo o proceso.

O contacto e diálogo entre o empresario/a e a entidade é un aspecto imprescindible para dar a coñecer as vantaxes que supón participar neste tipo de iniciativas de integración laboral, así como para adaptar as actuacións da organización ás necesidades e condicionamentos de cada empresa:

  • Asesoramento e orientación. Mellora da competitividade laboral.
  • Selección de talento. Satisfacción das demandas de persoal mediante a mediación de perfís axustados ás necesidades específicas de recursos humanos.
  • Acompañamento e tutela. Resolución de posibles incidencias ata a completa adaptación ao posto.

* Se a súa empresa está interesada en formar parte da nosa rede de colaboradores, cubra o seguinte formulario e nos poremos en contacto con vostede. Os datos facilitados só serán utilizados para concertar unha entrevista e non serán entregados a terceiros.

cuestionario

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Puedes obtener más información y configurar tus preferencias aquí.