V Foro empresarial pola igualdade 2025


V FORO EMPRESARIAL POLA IGUALDADE. DIVERSIDADE E INCLUSIÓN NA CONTORNA LABORAL

INSCRÍBETE Ó V FORO EMPRESARIAL POLA IGUALDADE

MULLERES QUE TRANSFORMAN





A Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) promove, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a celebración do V Foro Empresarial pola Igualdade

Mulleres que transforman

Este encontro, que xa se consolidou como unha cita de referencia no ámbito empresarial galego, nace co propósito de recoñecer, visibilizar e poñer en valor o papel transformador das mulleres no tecido económico e social de Galicia. A través deste foro, búscase crear un espazo de reflexión, intercambio de experiencias e aprendizaxe, arredor do liderado feminino e da promoción da igualdade real de oportunidades no eido empresarial.

Nesta quinta edición, poñemos o foco nas mulleres que lideran a innovación, que impulsan a creatividade e que promoven modelos de negocio sostibles e con impacto social.

Tres mesas temáticas que permitirán escoitar voces diversas e referentes que, desde diferentes sectores estratéxicos, contribúen a construír unha Galicia máis igualitaria, inclusiva e competitiva.

Con este foro, a CEP reafirma o seu compromiso coa igualdade de xénero como motor de transformación e crecemento para as empresas e para o conxunto da sociedade galega.



2 DE OUTUBRO, na Confederación Empresarial de Pontevedra



Coñece as RELATORAS e a programación


MULLERES INNOVADORAS: Liderado e Transformación



MULLERES CREATIVAS: Talento Feminino na Creatividade



MULLERES COMPROMETIDAS: Liderado en Empresas Sostibles e con Valor Social




Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Puedes obtener más información y configurar tus preferencias aquí.