Este ano o IV Foro empresarial pola igualdade é sobre Diversidade e inclusión na contorna laboral, valores empresariais cos que debemos familiarizarnos si queremos que as nosas empresas destaquen no eido social e laboral.
Estas políticas de diversidade, igualdade e inclusión DE&I, deben incluír medidas para eliminar o rumbo inconsciente nos procesos de selección, promoción e avaliación do desempeño dos traballadores e traballadoras, así como a creación dun ambiente laboral seguro.
Para entender mellor o concepto de DE&I, debemos ver que significan os seus tres compoñentes:
É importante incorporar a DE&I na estratexia empresarial, non só como un compromiso ético, senón como un motor esencial para o rendemento e a sustentabilidade a longo prazo. A competitividade tamén está en atraer, reter e desenvolver talento diverso, a capacidade de dar respostas a necesidades e intereses diferentes e de achegar un valor engadido aos seus grupos de interese.
DE&i garanten unha forza laboral máis representativa, fortalecen os procesos de innovación, a creatividade e a capacidade para adaptarse ao cambio, axudando a lograr unha sociedade mellor.
Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Puedes obtener más información y configurar tus preferencias aquí.