III Foro empresarial pola igualdade 2023


III FORO EMPRESARIAL POLA IGUALDADE

INSCRÍBETE Ó III FORO EMPRESARIAL POLA IGUALDADE





POR QUÉ UN FORO DE IGUALDADE SOBRE A DIXITALIZACIÓN?

Ningún cambio sistémico é fácil nin rápido. E, con todo, a transición cara á economía dixital afecta a todo o que nos rodea desde os cimentos. Para poder formar parte dela, cocrear a nova realidade e aproveitar ao máximo as súas oportunidades, débese garantir a igualdade de oportunidades para todos os grupos de poboación.

Nestes últimos anos, España viu como se ían reducindo algunhas fendas dixitais de xénero. Desde que se empezou a rexistrar a principios de século, a fenda de uso foise reducindo, ata alcanzar practicamente a paridade. Con todo, os esforzos non poden interromperse. Os indicadores seguen subliñando desigualdades por xénero en ámbitos estratéxicos. Por exemplo, as mulleres son aínda minoría no relativo ás profesións técnicas e as científicas (fóra das ciencias da vida) tanto en formación universitaria como en graos profesionais. Isto impacta no mercado do emprego; a voz da metade da poboación está máis lonxe de ter un rol de impacto na economía dixital, algo que se suma ao feito de que as mulleres teñen máis limitacións á hora de emprender.

O mercado laboral é, historicamente, unha das áreas onde máis se percibe a fenda dixital de xénero. As organizacións hai algúns anos que poñen en marcha plans de igualdade de xénero (están obrigadas pola Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes a facelo as que teñen máis de 50 persoas), pero a igualdade real está lonxe.

No ámbito dixital parece aínda máis complicado xa que, no relativo á especialización dixital, elas non chegan ao 20% en España. Un dos ámbitos da dixitalización onde hai maiores diferenzas entre homes e mulleres é en especialistas TIC. A baixa presenza das mulleres nestas profesións fai que estean infrarrepresentadas nun dos sectores de maior crecemento e que goza de mellores condicións laborais e perspectivas de futuro.

Desde a Confederación Empresarial de Pontevedra e grazas ao financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social, o obxectivo deste III Foro Empresarial pola Igualdade é conquistar a igualdade de oportunidades para as xeracións presentes e futuras, sacando o máximo partido ao 100% do talento humano dispoñible, de modo que teña un impacto directo no consecuente desenvolvemento económico do tecido empresarial da provincia de Pontevedra e de Galicia.



17 DE OUTUBRO, na Confederación Empresarial de Pontevedra



Coñece as RELATORAS e a programación


TECNOLOXÍA E CREATIVIDADE: REIMAXINANDO SOLUCIÓNS DE NEGOCIO



FENDA DIXITAL: A FORMACIÓN PERMANENTE COMO ELEMENTO CLAVE NO DESENVOLVEMENTO PERSOAL E PROFESIONAL



LIDERADO: DIRIXIR EQUIPOS NA ERA DIXITAL




Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Puedes obtener más información y configurar tus preferencias aquí.