PORTAL FORMATIVO DE LA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA

Programa de Apoio á Inserción Laboral - PAIL II

QUÉ É UN PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO?
Os Programas Integrados de Emprego de Galicia son programas dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas en situación de desemprego.
QUÉ É O PAIL II?
É un Programa Integrado de Emprego de Galicia composto de accións de información, orientación e asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional e motivación para a busca de emprego (tanto por conta propia coma allea), habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, formación para o emprego, prácticas profesionais e obradoiros sobre mobilidade laboral.
QUÉ É UN ITINERARIO?
É un Plan de Actuación baseado nunha secuencia de accións (teóricas e prácticas) orientadas ao desenvolvemento das habilidades e mellora da empregabilidade das persoas participantes no proxecto.
O obxectivo do programa é acadar a inserción do 45% dos/as seus participantes.

ELIXE O TEU CAMIÑO AO CUME!!!

CÓMO PODO PARTICIPAR?
  • Se es unha persoa desempregada demandandante de “Programas Experimentais”.
  • Se estás inscrito/a como demandante nalgunha das oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia do Concello de Vigo.
  • Se non participaches nun Programa Integrado de Emprego de Galicia na convocatoria 2017-18.
  • Se pertences a algúns deste colectivos:
    • Menor de 30 anos, con ou sen cualificación.
    • Maior de 45 anos.
    • Perceptor/a de prestación, subsidio por desemprego ou RAI.
    • Beneficiario/a PREPARA.
    • Persoa con discapacidade.
    • Persoa en risco de exclusión social.
    • Muller vítima de violencia de xénero
  • Se es unha persoa proactiva e MOTIVADA.
  • Se buscas traballo ACTIVAMENTE.
  • Se estás COMPROMETIDO/A coa mellora do teu perfil profesional.
  • Se precisas información e/ou orientación para o emprego.
  • Se buscas FORMARTE e/ou RECUALIFICARTE profesionalmente.
QUÉ OFRECEMOS?
4 Itineraios: compostos de formación prelaboral (con obradoiros e contidos transversais), formación para o emprego, formación complementaria na ocupación e prácticas profesionais non laborais:
  • Itinerario 1. Hostalaría e Turismo: Operacións Básicas de Cociña, entre outros.
  • Itinerario 2. Comercio e Marketing: Actividades Auxiliares de Almacén, entre outros.
  • Itinerario 3. Administración e Xestión: Actividades Administrativas na relación co Cliente, entre outros.
  • Itinerario 4. Tecnológico: Piloto de Drons e Robótica, entre outros.

Todas as accións irán acompañadas de prospección empresarial e emparellamento de ofertas de traballo e contémplanse medidas de conciliación, de ser necesarias.

Se estás desempregado/a e queres participar, por favor enche o seguinte cuestionario


Cursos añadidos