PORTAL FORMATIVO DE LA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA

O Programa Integrado de Emprego de Galicia da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra está destinado a 100 persoas desempregadas inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia e está financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA
Financiado por
O obxectivo do programa é acadar a inserción do 45% dos/as seus participantes.
A metodoloxía de traballo basearase no deseño e seguimento de itinerarios personalizados de inserción desde un enfoque innovador, eficiente e proactivo e as accións enmarcadas no programa poden encadrarse en tres grandes bloques temáticos:
  • Capacitación en Habilidades Duras (Hard Skills):
    • Formación Certificable (Certificados de Profesionalidade completos):
      • Itinerario 1. Xestión da Información e Comunicación.
      • Itinerario 2. Atención Social e Novos Modelos de Saúde.
      • Itinerario 4. Produción Mecánica.
    • Formación non certificable (non pertencente a Certificados de Profesionalidade):
      • Itinerario 3. Tecnoloxías STEAM.
    • Prácticas profesionais non laborais vinculadas á formación.
  • Capacitación en Habilidades Brandas (Soft Skills):
    • Formación Prelaboral:
      • Obradoiros de Habilidades Sociolaborais (Carta de Presentación e CV on line e off line / role-playing: a Entrevista de Traballo / Coaching, Intelixencia Emocional e Motivación: detección de necesidades na busca de Emprego / Marca Persoal: autocoñecemento, metas e visibilización / Fomento da Capacidade Emprendedora).
    • Formación Transversal:
      • TIC’S:
        • Ferramentas e Recursos TIC’s para a Busca de Emprego.
        • Redes Sociais e Profesionais na Busca Activa de Emprego.
      • Idiomas:
        • SSCE02 Inglés A2.
  • Prospección e Encontros Empresariais:
    • Información, orientación e asesoramento a empresas.
    • Emparellamento demandas-ofertas de emprego
    • Encontros Empresariais, Coaching e Mobilidade Laboral.
Fomentarase en todo momento o emprego das novas tecnoloxías durante o desenvolvemento do programa (aula a disposición dos usuarios/as con PC’s conectados en rede e acceso a Internet) e empregaranse as redes sociais como ferramenta de comunicación directa (Facebook, LinkedIn e Blogger), así como unha aplicación informática de xestión integral para o seguimento do mesmo.
Poranse tamén á súa disposición medidas de conciliación da vida familiar e laboral (ludotecas nas inmediacións das instalacións da Confederación e Servizo de Axuda a Domicilio) e as bolsas contempladas na convocatoria (5,00 € / día asistido).
Por último, segundo unha filosofía de mellora continua, levaranse a cabo cuestionarios de satisfacción de todas as accións (individuais e colectivas) que permitan detectar desviacións e establecer as correccións oportunas.

QUÉ É UN PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO?
QUÉ ACCIÓNS O COMPOÑEN?
QUÉ É UN ITINERARIO?
Os Programas Integrados de Emprego de Galicia son programas dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas en situación de desemprego
Os Programas Integrados de Emprego compóñense de accións de información, orientación e asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional e motivación para a busca de emprego (tanto por conta propia coma allea), habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, formación para o emprego, prácticas profesionais e obradoiros sobre mobilidade laboral
É un Plan de Actuación baseado nunha secuencia de accións (teóricas e prácticas) orientadas ao desenvolvemento das habilidades e mellora da empregabilidade das persoas participantes no proxecto.

CÓMO PODO PARTICIPAR?
  • Se es unha persoa desempregada demandandante de “Programas Integrados de Emprego”.
  • Se estás inscrito/a como demandante nalgunha das oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia do Concello de Vigo.
  • Posibilidade de recibir unha beca por asistencia as accións do programa.
  • Se pertences a algún destes colectivos:
    • Menor de 30 anos, con ou sen cualificación.
    • Maior de 45 anos.
    • Perceptor/a de prestación, subsidio por desemprego, RAI ou PREPARA
    • Persoa con discapacidade.
    • Persoa beneficiaria do tramo de inserción da RisGa ou persoa en risco de exclusión social
    • Muller.
    • Persoa desempregada de longa duración.
  • Se es unha persoa proactiva e MOTIVADA.
  • Se buscas traballo ACTIVAMENTE.
  • Se estás COMPROMETIDO/A coa mellora do teu perfil profesional.
  • Se precisas información e/ou orientación para o emprego.
  • Se buscas FORMARTE e/ou RECUALIFICARTE profesionalmente.

Se estás desempregado/a e queres participar, por favor enche os teus datos

cuestionario

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA

Cursos añadidos